viernes, 13 de febrero de 2015

VAIA ENTROIDO TAN XENIAL

Porque asi o pasamos : XENIAL!!! Estas imaxes falan por si mesmas.
FESTA DO VERNRES DE ENTROIDO: Maquillaxe, confeti , serpentinas, baile, pasteliños , caramelos...non nos faltou de nada!













 



E  a saída imos tapar a cara con estas con estas caretas tan  "chulas" que fixemos na clase. Esperamos que non nos coñeza ninguén...
 

jueves, 12 de febrero de 2015

UNHA NEVADA XEITOSA

Por fin un pouco de neve. Xa nos tardaba..Uns poucos viñemos o cole e pasámolo ... Bueno xa vedes...



jueves, 18 de diciembre de 2014

A VISITA DE PAPA NOEL

 Vaia sorpresa!!! Todos xogando no patio tan tranquilos ...E vemos chegar a PAPA NOEL con un saco cheo de agasallos. Ilusión ,nervios, risas, ledicia...De todo un pouco.  E iso que non era mais que o preludio da visita que nos faría as nosas casas o dia de nadal...
  Claro, como fomos MOI BOS...


miércoles, 3 de diciembre de 2014

RECILADO DE PAPEL


   Que fermoso resultado!!!

Os anaquiños de papel que rexeitamos cada día  ímolos  gardando para reciclar e transformalos nuhas follas ben xeitosas. Nelas queremos plasmar a felicitación de nadal para as nosas familias.



Algunha imaxes do proceso...



Coa pulpa de papel  facemos novas follas...

 
 
        

                                       



domingo, 30 de noviembre de 2014

QUEREMOS TER UN SOUTO

Xa vos contamos o ben que o pasamos cando fomos a Loseiro apañr castañas . Pois ben,  agora ¡¡¡queremos ter o nosos propios castiñeiros!!!Para  iso xa prantamos as castañas. Vede como traballamos...

PLANTAMOS BULBOS

 Aproveitando una mañá sin choiva , acercámonos o xardín para sementar bulbos de tulipans.
¡Vaia gozada remexer na terra!. Iso que nos din as profes de plantar éstas "ceboliñas" para que en  primavera saian fermosas flores está moi ben .Pero a nós, o que verdadeiramente nos gusta é revolver no chan en busca de  toda clase de bichiños...

VISITA EXPOSICIÓN COGUMELOS

Este ano ,con tanta choiva, as fragas e prados da nosa bisbarra, enchéronse deste rico manxar.
Unha exposición  na  Casa da Cultura mostrou  una gran variedade  de exemplares que nós puidemos visitar. Esta vez tivemos a sorte   de contaar con  Leo, un cura moi sabio que, con infinita paciecia, foinos  explicando as características dos cogumelos .