jueves, 28 de noviembre de 2013

PLANTAMOS BULBOS

Hoxe toca sair ó xardín do cole para sementar os bulbos de outono. Isto de remexer na terra resulta divertidísimo (ainda que enzoufemos un chisco) .
  Estade atentos cando chegue a primavera e veredes como relocen os tulipans e narcisos.








 


 
 

martes, 26 de noviembre de 2013

RECICLAMOS PAPEL

Por ser un colexio moi comprometido co coidado do medio ambiente, desenvolvemos moitas actividades relacionadas co tema. Unha delas é a elaboración de papel reciclado .Vede como facemos:










 

 
 


 cortamos o papel en anaquiños, engadimos auga, batemos,  formamos as follas  e... vede  o resultado de todo este traballo: ¡fermosas postais de nadal para felicitar as nosas familias!

miércoles, 20 de noviembre de 2013

cogomelos

A moitos de  nós gústanos ir dar un paseo polo bosque cos nosos papás por ver se albiscamos algún anano, fada ou trasniño  agachado debaixo dun fungo. Por iso cando chega a exposición dos cogomelos na Casa da Cultura, deseguida nos apuntamos á visita ,coa ilusión  de ver algún deses seres maravillosos que habitan na nosa fantasía .  Temos que contarvos que só podemos contemplar unha morea de fungos,  que nos permite, de xeito moi divertido,  coñecelos un pouco mais.

martes, 19 de noviembre de 2013

ALMORZO

E DESPOIS DE TANTO ESFORZO UN BÓ ALMORZO.



O CHOCOLOATE ...¡RIQUÍIIIIISIMO!  E AS PASTAS ¡NON QUEDOU UNHA!

NO SOUTO


BUSCA QUE TE BUSCA E CASTAÑA A CASTAÑA,OS CESTOS FORONSE ENCHEDO





jueves, 7 de noviembre de 2013

MAGOSTO

Cando chegou o día do magosto moi contentos nos puxemos .
Pola mañá fixemos unha castañabolsa que daba xenio vela .Coloreamos...cosemos... e vede que cousiña bonita resultou.



 
 
Cando baixamos o patio habia un arrecendo exquisito...As profes xa encenderan o lume e o  cheiro das castañas iba abrindonos o apetito.

 
qué ricas...Días como estos non o imos olvidar.