viernes, 31 de octubre de 2014

Magosto

Hoxe foi un día moi especial . ¡¡¡DIVERTIDÍSIMO!!!
Pola mañá baixamos para o patio preparados con estes cestiños tan xeitoso que fixemos na clase.
 Por se non vos destes conta, neles botaremos os bullós.
Alí participamos en distintos obradoiros, onde  elaboramos terroríficos mostros...divertidas carautas e unhas arañas temibles...pero riquísimas.!!!
 
 




MAGOSTO (tarde)

Despois de tanto traballo,compre  un  xantar:  ¡Canto nos prestou!  Con todos os compañeiros e coas profes...
 Mais tarde ollamos  como se asaban as castañas no tambor .  E cando estiveron  preparadas, PAPÁMOLAS TODIÑAS... ¡ BO PROVEITO!

 
      Ah, e que non se diga que non colaboramos...Ata o mantel de papel ...





Nin rastro de lixo!

martes, 28 de octubre de 2014

SAIDA O SOUTO DE LOSEIRO



Xa chega o día do magosto ¡E nós sin castañas!
 Din que nun souto de Louseiro ...
Ale "dire" chama o autobús e imos aló.
 Preparados...
Listos...





 




Xa.......

 


 



 
 ¡Cantas castañas apañamos...!

Tamén vimos moitas setas
  De tanto traballar acabamos ben cansiños  Pero foi tan divertido...
 
 
 



Cos cestos cheiños de castañas toca repoñer forzas, e para iso nada mellor que achegarnos ó Pazo do Barrio onde nos agardaba un bo almorzo.....
 
 Que ricooooo este chocolate tan quentiño!!!! E cantas larpeiradas!!!





E volta para o cole no autobús... Foi un día do máis emocionante!!! 


 
 



lunes, 20 de octubre de 2014


ALGÚNS SOMOS FELICES REMECENDO NA AREA...
PERO OUTROS  O TEMA DA CONSTRUCIÓN TOMÁMOLO MOI EN SERIO...!
Primeiros días de cole

Hola familias: Somos os nenos e nenas de 3A que este ano comezamos una nova andaina ¡IMOS O COLE !  Para algúns de nós supuxo  un cambio moi importante nas nosas vidas, xa que era a primeira vez  que nos separábamos dos nosos papás e  avós. E, a verdade,   fomos uns campeóns. Case ninguén chorou e o periodo de adaptación  foi ben doado.
 Aqui vos deixamos unhas testemuñas