domingo, 30 de noviembre de 2014

QUEREMOS TER UN SOUTO

Xa vos contamos o ben que o pasamos cando fomos a Loseiro apañr castañas . Pois ben,  agora ¡¡¡queremos ter o nosos propios castiñeiros!!!Para  iso xa prantamos as castañas. Vede como traballamos...

PLANTAMOS BULBOS

 Aproveitando una mañá sin choiva , acercámonos o xardín para sementar bulbos de tulipans.
¡Vaia gozada remexer na terra!. Iso que nos din as profes de plantar éstas "ceboliñas" para que en  primavera saian fermosas flores está moi ben .Pero a nós, o que verdadeiramente nos gusta é revolver no chan en busca de  toda clase de bichiños...

VISITA EXPOSICIÓN COGUMELOS

Este ano ,con tanta choiva, as fragas e prados da nosa bisbarra, enchéronse deste rico manxar.
Unha exposición  na  Casa da Cultura mostrou  una gran variedade  de exemplares que nós puidemos visitar. Esta vez tivemos a sorte   de contaar con  Leo, un cura moi sabio que, con infinita paciecia, foinos  explicando as características dos cogumelos .
                                 

MARMELADA DE MAZÁ




Continuamos con mais actividades de outono que nos permiten coñecer un pouco mellor o noso entorno.
 Esta vez trátase de elaborar marmelada de mazá que , que por certo nos saíu riquísima. 
 Primeiro cortamos a froita en anaquiños...
 
Mais tarde, cos  demais compañeiros , engadimos a pota as mazás ben picadiñas e o resto dos ingredintes: azucre e limón.

 
O resultado...¡PARA CHUPARSE OS DEDOS! 


E, anque somos moi larpeiriños ,deixamos  algo da lambetada para levar para a casa  nestes tarriños tan xeitosos









 
 
.
                                             

martes, 4 de noviembre de 2014

HALLOWEEN

 Por estas datas o noso cole énchese de esqueletos , cabazas , monstros...pero nós nin chisco de medo.
Ollade senón esta foto diante da exposición de cabaciñas. ¡ somos tan valentes!
 Gracias papás e mamás pola vosa colaboración .