Vaia sorpresa!!! Todos xogando no patio tan tranquilos ...E vemos chegar a PAPA NOEL con un saco cheo de agasallos. Ilusión ,nervios, risas, ledicia...De todo un pouco. E iso que non era mais que o preludio da visita que nos faría as nosas casas o dia de nadal...
Claro, como fomos MOI BOS...
jueves, 18 de diciembre de 2014
miércoles, 3 de diciembre de 2014
RECILADO DE PAPEL
Que fermoso resultado!!!
Algunha imaxes do proceso...
Coa pulpa de papel facemos novas follas...
domingo, 30 de noviembre de 2014
QUEREMOS TER UN SOUTO
PLANTAMOS BULBOS
Aproveitando una mañá sin choiva , acercámonos o xardín para sementar bulbos de tulipans.
¡Vaia gozada remexer na terra!. Iso que nos din as profes de plantar éstas "ceboliñas" para que en primavera saian fermosas flores está moi ben .Pero a nós, o que verdadeiramente nos gusta é revolver no chan en busca de toda clase de bichiños...

VISITA EXPOSICIÓN COGUMELOS
Este ano ,con tanta choiva, as fragas e prados da nosa bisbarra, enchéronse deste rico manxar.
Unha exposición na Casa da Cultura mostrou una gran variedade de exemplares que nós puidemos visitar. Esta vez tivemos a sorte de contaar con Leo, un cura moi sabio que, con infinita paciecia, foinos explicando as características dos cogumelos .

MARMELADA DE MAZÁ
Esta vez trátase de elaborar marmelada de mazá que , que por certo nos saíu riquísima.
Primeiro cortamos a froita en anaquiños...
Mais tarde, cos demais compañeiros , engadimos a pota as mazás ben picadiñas e o resto dos ingredintes: azucre e limón.
martes, 4 de noviembre de 2014
HALLOWEEN
Por estas datas o noso cole énchese de esqueletos , cabazas , monstros...pero nós nin chisco de medo.
Ollade senón esta foto diante da exposición de cabaciñas. ¡ somos tan valentes!
Gracias papás e mamás pola vosa colaboración .
Ollade senón esta foto diante da exposición de cabaciñas. ¡ somos tan valentes!
Gracias papás e mamás pola vosa colaboración .
viernes, 31 de octubre de 2014
Magosto
Hoxe foi un día moi especial . ¡¡¡DIVERTIDÍSIMO!!!
Pola mañá baixamos para o patio preparados con estes cestiños tan xeitoso que fixemos na clase.
Por se non vos destes conta, neles botaremos os bullós.

Pola mañá baixamos para o patio preparados con estes cestiños tan xeitoso que fixemos na clase.
Por se non vos destes conta, neles botaremos os bullós.
Alí participamos en distintos obradoiros, onde elaboramos terroríficos mostros...divertidas carautas e unhas arañas temibles...pero riquísimas.!!!
MAGOSTO (tarde)
Despois de tanto traballo,compre un xantar: ¡Canto nos prestou! Con todos os compañeiros e coas profes...
Mais tarde ollamos como se asaban as castañas no tambor . E cando estiveron preparadas, PAPÁMOLAS TODIÑAS... ¡ BO PROVEITO!
Nin rastro de lixo!
Mais tarde ollamos como se asaban as castañas no tambor . E cando estiveron preparadas, PAPÁMOLAS TODIÑAS... ¡ BO PROVEITO!
Ah, e que non se diga que non colaboramos...Ata o mantel de papel ...
Nin rastro de lixo!
martes, 28 de octubre de 2014
SAIDA O SOUTO DE LOSEIRO
Xa chega o día do magosto ¡E nós sin castañas!
Din que nun souto de Louseiro ...
Ale "dire" chama o autobús e imos aló.
Preparados...
Listos...
Xa.......
¡Cantas castañas apañamos...!
Tamén vimos moitas setas
De tanto traballar acabamos ben cansiños Pero foi tan divertido...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)